viernes, 14 de noviembre de 2008

19 novembro FOLGA ESTUDIANTIL (na defensa da universidade pública galega)

INFORMACIÓN COLGADA NA PÁXINA www.comitesabertos.org



Os Comités vimos de convocar para o próximo 19 de novembro unha Folga estudantil nos 7 campus galegos para reclamar un novo plano de financiamento para as universidades galegas que as defenda fronte Boloña e que nos garantice a todas e todos unha universidade verdadeiramente pública e ao servizo da sociedade galega.


+ diñeiro público

A día de hoxe, a porcentaxe de investimento da Consellaría de Educación na educación universitaria é o 0,75% do P.I.B de Galiza; mais agora temos que crer que vai chegar ao 1,5 en 2015, cando nun primeiro momento o obxectivo da Consellaría era chegar ao 1% en 2010. Porén, os Comités entendemos que o investimento público no ensino universitario non debe ser inferior ao 1,5% do P.I.B galego no ano 2010.


- taxas

Na actualidade, a porcentaxe de participación do estudantado a través das taxas no financiamento universitario supón: na UdC o 13,81%, na USC o 18,21% e na Uvigo o 10,29%.Nós apostamos pola redución da porcentaxe de participación das taxas no financiamento das universidades até o 5% no ano 2010, non producíndose ningún perxuízo económico para as universidades e beneficiando a moitas e moitos.


+ bolsas

Só o 17% dos estudantes da Galiza están bolsados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), primando os criterios académicos sobre os económicos e producindo que unha parte importante do estudantado non teña acceso a unha bolsa que necesita.Consideramos que é necesario en 2010 pasar do 17% ao 33% os estudantes beneficiaros de Bolsas de Axuda ao Estudo, e elevar do 17% ao 50% os estudantes que teñen exención de taxas por criterios de renda. Alén da asunción da política de bolsas por parte da Xunta a fin de axeitala ás nosas características socioeconómicas propias.


+ aloxamento público

Para garantir un aloxamento público abondo faise necesaria a creación dun ente público composto polas tres universidades galegas, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellaría de Vivenda e Solo para a xestión do aloxamento universitario, que convirta todas as prazas concertadas, subvencionadas e concesionadas en prazas públicas antes do ano 2010. Así como a elaboración dun plano plurianual de aloxamento público universitario que garanta cando menos acceso ao 15% dos estudantes matriculados en cada campus.


+ coordinación

Un apoio económico decidido será imprescindíbel para a xestión integral necesaria do Sistema Universitario Galego (SUG) no que ten a ver coas infraestruturas, aloxamento público universitario, matriculación, investigación, mapa de títulos, promoción...


- despilfarroCoidamos que para que os cartos de todas e todos nós non os desbalden uns poucos é completamente necesaria a fiscalización e control orzamentario por parte da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.


+ calidade

Unha universidade de calidade pasa pola progresiva eliminación da limitación de prazas nas titulacións, nos graos e nos posgraos, a eliminación das probas específicas para as titulacións, a redución das proporcións profesor/alumno. Do mesmo xeito cómpren melloras substanciais tanto en materiais como en infraestruturas.


Neste caso si que hay manifestación en ourense, ás 12:00 da mañá! Apuntadesvos????

No hay comentarios: