lunes, 10 de noviembre de 2008

Huelga contra el plan bolonia el 13 de noviembre

Os plans de Boloña significan a privatización da universidade. Defendamos a universidade pública

(Mail circulando por internet)

A contrarreforma da universidade que se inicia este curso (coñecida como os Plans de Boloña) supón o ataque máis grave á educación pública nos últimos vinte anos e ten como único obxectivo
expulsar ós fillos dos traballadores da universidade.

O goberno defende estes plans privatizadores afirmando que nos equiparan con Europa. A nós gustaríanos equipararnos en investimento en educación pública (nos países máis desenvolvidos de Europa, a media é superior ó 6% do PIB, aquí pouco máis do 4%) ou en estudantes con bolsa (40% en Europa, 16% no Estado español); con todo, os plans de Boloña non implican nada diso. En todo caso nos 'equipara' coas universidades do pasado, exclusivas para os fillos dos ricos.

Cos plans de Boloña acábase coas actuais diplomaturas e licenciaturas para transformalas en
graos e posgraos. Os graos, respecto das actuais carreiras, serán un título devaluado. Quen queira ter un título que facilite o acceso a un emprego digno terá que realizar un Posgrao, que ademais de ter unha proba de acceso propia, poderá custar ata 3.500 euros, como xa anunciaron algunhas universidades.

As becas serán insuficientes para cubrir estes enormes custos. Se xa hoxe as becas son ridículas (a bolsa con máis contía, a axuda compensatoria, concede 2.500 euros anuais a aquelas familias con menos renda, cantidade completamente insuficiente), a actual crise económica non augura nada bo, como demostra que o goberno do PSOE xa anunciou que os próximos orzamentos serán
'austeros'.

Pero o peor é que o goberno aposta por substituír as becas, por préstamos bancarios que, por suposto, terán que devolverse. É dicir, queren facer do ensino universitario un negocio redondo para a gran banca.

Os Plans de Boloña impulsan a privatización da universidade pública. Se segregarán as universidades en universidades de primeira (para a elite económica) e de segunda (para os fillos de familias traballadoras) e ademais fomentarase o peso das grandes empresas no control da universidade. O goberno xa sinalou que temos que ir cara ó 'modelo americano', caracterizado por unha profunda privatización, onde son as empresas quen deciden que títulos resúltanlles rendibles e cales non (para que queren Repsol ou Telefónica titulados en filoloxía, historia ou maxisterio?).

Moi vinculado ós Plans de Boloña está o endurecemento da selectividade que elaborou o goberno do PSOE en plenas vacacións de verán, ás costas dos estudantes e da forma máis antidemocrática.

A nova selectividade ademais de introducir o exame oral de idioma estranxeiro, entre outras perlas, busca endurecer o acceso ás carreiras universitarias máis demandadas introducindo unhas probas, en teoría voluntarias, pero que realmente serán obrigatorias, e que valerán no cómputo final ¡máis que o propio bacharelato! O obxectivo está claro, buscan 'desmasificar' a universidade, non construíndo as prazas necesarias, senón impedindo o acceso ós estudos superiores ó fillo do traballador.

Para os grandes capitalistas sobran miles de licenciados. Eles o que reclaman é man de obra barata e con baixa cualificación que poidan sobreexplotar. Con todo, para os mozos e os traballadores non sobra nin un só licenciado, o que sobran son as listas de espera na sanidade, a masificación da educación pública, a falta de prazas públicas en infantil, a ausencia de equipamento social nos barrios obreiros e as privatizacións dos servizos sociais para beneficiar ós capitalistas.

Non hai diñeiro para todo isto? Si o hai, téñeno os banqueiros e os grandes monopolios.


1 comentario:

Unknown dijo...

Vale estoy de acuerdo con que el plan bolonia es una mierda.
Un detalle, el Plan Bolonia creo que esta previsto q se instaure el proximo curso 2009/2010 y los planes piloto como el nuestro se llevan provando desde el curso 2005/2006
Con el nuevo plan de estudios no hay becas, estas desaparecen y aparecen las becas-creditos que tendremos que devolver cuando hayamos acabo nuestra carrera y empecemos a trabajar... vaya estaremos hipotecados desde los 18...
Lo de q los grados seran titulos devaluados... no es del todo cierto, eso se sabra cuando haya personas graduadas y personas licencidas tratando de acceder al mismo puesto, lo q prefieran las empresas sera el titulo q mas valor tenga.
Ah! ahora mismo hay becas mayores de 2500€, el año pasado a mi primo le dieron algo mas de 5000! y te aseguro q con eso y teniendo en cuenta q te pagan la matricula te llega para sobrevivir todo el curso.
Y weno creo q despues el texto ya se desvia del tema q nos interesa... y entra en otros temas q no voy a tratar aqui.
Solo queria puntualizar los puntos q me parecia q no estaban demasiado claros en el texto xD

La verdad esq tenemos poco q hacer contra este nuevo plan... :(